martes, 6 de octubre de 2020

     

Boas, 

Son Kiara Martínez, veño de A Coruña e teño 21 anos. Dende moi pequena o deporte estivo sempre presente na miña vida. Aos dous anos e medio, ao mesmo tempo que aprendía a camiñar, os meu pais puxeronme uns esquís nos pés, e agarrada a un bastón entre as súas pernas empezaba a manter o equilibrio. Un ano máis tarde probei uns patíns en línea, pero non tardei en pasarme aos de catro rodas nos cales estiven os siguientes 12 anos na modalidad de artístico. 

    Ao mesmo tempo que patinaba estiven tamen dende os 3 anos ata os 10 facedo natación; e dende os 6 ata os 12 nunha escola de judo. Aos 6 anos nunhas vacacións á neve xogando con un trineo dixen "quero facer snowboard" e uns meses máis tarde estaba coa miña pequena táboa baixando polas pistas de Manzaneda. 

    Aos nove anos no meu pobo estrenabase unha nova actividade de verán: piragüismo. Apunteime, e durante todo o mes de agosto iba dúas veces por semana ao río a divertirme. O profesor das clases era tamén entrenador do Club de Piragüismo de Dumbría, da modalidade pouco coñecida Slalom de Augas Bravas. Ao acabar este curso de verán propúxome ir ao club a probar as "augas bravas" e nin o dudei, e os seguintes 9 anos estiven competindo en esa modalidad por toda Galicia, España, Portugal e sur de Francia. En 2013 citaronme para unha concentración con unha compañeira de competicións de outro club que por ese entonces eramos moi amigas. Esa concentración eran unhas probas de selección para entrar no Centro Galego de Alto Rendemento  e Tecnificación Deportiva en Pontevedra. Tras un día enteiro de probas de varios tipos eu fun a seleccionada para ser becada os seguintes catro anos no CGTD. Pasei todo o curso 2013-2014 dedicando todo o meu tempo a entrenar e a estudar 3º da ESO. Co paso dos meses o meu nivel iba aumentando e nas competicións víanse os resultados. No verán de 2014 por un enfrontamento entre un dos membros da federación e o meu entrenador do club inxustamente retiranme a beca que me habían concedido. 

    Despóis de esta inxusticia eu volvín á miña casa en Coruña con unha sensación de vacío indescriptible. Acababan de roubarme o meu soño. 

    Un par de anos despois estaba facendo un ciclo medio de Industrias Alimentarias e dous compañeiros de clase facían skateboard. A min aquilo chamabame moito a atención e lembreime de que cando tiña uns seis ou sete anos regalaranme un skate pero nunca lle dera uso. Fun a casa dos meus avós e alí seguía. Leveino para a miña casa e pouco a pouco fun aprendendo a andar en el, estiven uns seis meses practicando hasta que lle dixen aos meus amigos de clase que estaba aprendendo. Eles motivaronme a seguir, e tres anos despois sigo coa miña táboa patinando por todas partes, aprendendo trucos novos cada día, viaxando co meu patín a cada sitio que vou. Para min o skate foi unha salvación. 

    De pequena quería ser bombeiro ou veterinaria pero co tempo descubrín que non sería capaz de operar a un animaliño. Dende o momento que descubrín que había estudos relacionados co deporte sabía que eso era o que quería estudiar sen ningún tipo de duda. E anos máis tarde por fin estou estudando aquelo que de pequena quería. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

La planificación: contenidos y actividades

 SKATEBOARDING OBJETIVOS GENERALES     El objetivo general es fluír en un skatepark. OBJETIVOS ESPECÍFICOS Los objetivos específicos son el ...