martes, 27 de octubre de 2020

TEMA 2 METODOLOGÍA - ACTIVIDAD 1. "COMO LO HICE"

 TEST TEMA 2 METODOLOGÍA

1.- NOMBRA LOS PROCESOS DEL DESARROLLO HUMANO 

Crecimiento, maduración, desarrollo. 1


2.-CITA LOS TRES TIPOS DE MOVIMIENTOS

Reflejos, voluntarios, automáticos. 1


3.-CITA 3 DE LOS 6 COMPONENTES EN LOS QUE SE ORGANIZA LA PSICOMOTRICIDAD.

Esquema corporal, control tónico, control respiratorio. 1


4.-CITA 2 DE LAS 4 FINALIDADES DE LA PSICOMOTRICIDAD

Educativa y terapéutica.


4/4


     Éste ha sido el resultado de mi test, 4/4. Como en las indicaciones de la actividad mostraba, he dividido la actividad en dos partes, primero, el lunes he leído unas cuatro o cinco veces los apuntes y luego he apuntado en un papel los conceptos en negrita de forma ordenada. Los he memorizado repitiéndolos un par de veces en voz alta y luego he hecho una especie de test en papel en el que tenía que completar con estos conceptos.
    Hoy he vuelto a abrir los apuntes y los he leído otras dos veces, y he vuelto a realizar otro test escrito. Posteriormente a esto ya he realizado el test de la actividad. Al ser tan poca cantidad de contenido ha sido un proceso rápido.

martes, 13 de octubre de 2020

CUESTIONARIO TEMA 1 METODOLOXÍA

 TEMA 1. El contexto de las actividades físico-deportivas

CUESTIONARIO


  1. ¿Por cuál o cuales de los motivos citados en el punto 1.1.1. practicas o practicarías un deporte o una actividad física?. Explica el porqué de esta elección 

    Escollería todas as opcións, calquera tipo de deporte proporcionanos salud física principalmente e tamén salud mental e social. Con estas dúas últimas refírome a que realizar unha actividade física, xa sexa a nivel de competición, por diversión, para rehabilitación... faranos ter unha sensación de realización personal, axudaranos a desconectar dos nosos pensamentos máis frecuentes, e tamén nos dará outros pensamentos que con unha vida sedentaria non aparecerían. Ademáis disto calquera actividade física danos a oportunidad de coñecer xente nova, camiñando, nun ximnasio, nunha competición... Moitas persoas, sobre todo con caracter autoesixente e perfeccionista precisan do deporte para ver evolución en si mesmos, e superarse cada día.

    2. ¿Qué datos estadísticos no concuerdan con tu percepción personal sobre quién, cómo y dónde se practica deporte?
    Pola miña experiencia nos anos que levo practicando deporte si é certo que polo xeral hai un porcentaxe máis elevado de sexo masculino que femenino pero os últimos anos esos valores estanse igualando moi rápidamente. Ademáis estanse alargando as idades ata as cales a xente se anima a practicar deporte, o cal é moi positivo pois a calidad de vida polo xeral é moito mellor.
    Por outro lado eu penso que ata antes de que chegara o Covid-19 a xente estaba escollendo máis a opción de realizar as practicas deportivas dentro dunhas instalacións, por exemplo clases dirixidas, que ao aire libre; pero despois da saída desta cuarentena pola que acabamos de pasar aumentou numerosamente a práctica deportiva en exterior que en interior. O cal tivo unha parte positiva tamén, pois moitas instalacións deportivas tomaron a decisión de innovar e levar actividades que realizaban en interior ao exterior, polo cal se está moito máis en contacto coa natureza que para min é algo moi importante.

    3. ¿Cuáles de las tendencias citadas en el punto 1.1.5 observas que se producen en tu entorno y cuales percibes de otra manera? 
    Polo xeral, no meu entorno notei unha evolución en canto á practica de deporte para levar un estilo de vida saudable, tamén aumento de audiencia en eventos como carreiras populares que últimamente se deron máis a coñecer. Realizanse actividades deportivas máis frecuentemente ao longo da semana, variando entre unhas e outras animandose a misturar os xéneros en actividades que fai anos estaban dictaminadas para ser "de homes", por exemplo o futbol, ou "de mulleres" como pode ser a ximnasia rítmica ou o patinaxe artístico. O aumento do público de todas as idades tamén fixo que aparecera unha notable mellora e aumento de equipamentos nas instalacións tanto públicas como privadas.

    4.Pon un ejemplo que conozcas de dos de los perfiles de las personas usuarias y explica cómo es su actividad física.
    Vou a utilizar de exemplo como persoas usuarias ao meu pai e a min. Meu pai ten 53 anos e practíca natación, pois é unha actividade moi completa coa cal el se sinte activo e reduce dores musculares, ademáis de mellorar a súa flexibilidade, e pouco a pouco mellorar a súa resistencia. Practíca natación entre dúas e tres veces a semana, o cal el considera que é ópitimo para o seu mantemento físico. Ademáis diso os fins de semán gustalle facer camiñatas polo monte pois gústalle estar en contacto ca natureza e é algo que o fai desconectar do seu traballo.
    Por outra banda estou eu, con 21 anos practico deporte para mellorar continuamente e miña forma física e para divertirme. Fago carreira continua e natación unhas tres veces por semana (alternando) e vou a clases dirixidas nun ximnasio dúas veces por semana. Ademáis diso fago skateboard, que o practico por pura diversión e desconexión, e polo xeral practícoo todos os días.
Unha das diferencias máis claras entre a forma de realizar actividades entre meu pai e eu é que el o fai en menor frecuencia e principalmente por temas de saúde e eu o fago con máis frecuencia e por diversión.

    5.¿En cuál de las diversa funciones y entornos del profesional de la actividad física citados en el punto 1.2.2. te encontrarías más a gusto desarrollando tu labor profesional? Explica por qué.
     Gustaríame diseñar e conducir actividades principalmente dirixidas a un público que busca mellorar a súa forma física (por exemplo entrenador personal) e tamén organizar eventos relacionados co ocio e tempo libre, por exemplo competicións de skate, nas cales se prioriza a diversión cos demáis skaters que realmente a competitividad. Escollo estas dúas ramas porque o meu día a día básase neses dous tipos de prácticas e gustaríame compartilo coas demáis personas e poder axudar a quen o precise e crear un bo ambiente deportivo entre as persoas que me rodean.

    6.¿Qué harías para conseguir que tus deportistas respetaran a los jueces o árbitros?
O máis importante é mostrarlles que hai que empatizar con todas e cada unha das persoas, é dicir, poñerse no seu lugar e ver a situación objetivamente. Ademáis diso facerlles entender que o principal é dialogar tranquilamente e en ningún caso poñerse agresivo. No caso de que un árbrito ou un xuíz cometan un erro, falar con eles dende o respeto e a educación e intentando encontrar unha resolución en común, sin necesidad de alterarse, pois iso sólo creará tensións no hambiente que poden dar lugar a enfrentamentos.

    7.Cuenta algún caso real de la relación de una familia con el entorno deportivo de los hijos
        Coñezo unha rapaza que facía patinaxe artístico dende moi pequena. A súa nai é profesora nun club, donde entrena a rapaces/zas dende os 6 ata os 25 anos. Cando esa rapaza era pequena encantaballe cando chegaba o día de ir as clases de patinaxe pero co paso dos anos iballe gustando menos, ata chegar ao punto de odiar o patinaxe.
    A súa nai vía en ela un don que dende moi pequena quixo explotar, exigialle máis que ao resto do grupo, era moito máis seria con ela, obligaballe a entrenar fora dos horarios do club, pois quería que a súa filla chegara o máis lonxe posible no patinaxe artístico. Finalmente o resultado foi unha nena que en vez de estar vivindo o seu soño estababa vivindo un inferno. Con esta frustración acabou abandonando o patinaxe e tendo problemas na relación coa súa nai.
    Dende o meu punto de vista esa non é a forma de apoiar a un fillo no seu soño, pois finalmente o único que se consigue e desilusión, frustración, negatividad.

    8.Cuál crees que es la importancia de alguna de las distintas instituciones de la administración (Ayuntamiento, Diputación y Xunta de Galicia) en la actividad física de tu entorno? 
    É moi importante o seu apoio en todas e cada unha das actividades realizadas, xa sexa nas instalacións, na realización de eventos, na publicidade e incentivo da practica de deportes. E sempre que sexa equilibrado entre unhas actividades e outras, por exemplo: na Coruña destinanse moitos fondos a actividades como o fútbol e moi poucos ou prácticamente ningún a actividades como o skateboard, bmx freestyle etc. Na miña cidade hai dúas intalacións chamadas skateparks donde practicar esta actividade. Ningunha delas ten un mantemento dende fai anos, e están moi deterioradas. Levamos moito tempo pedindo un mínimo de mantemento pois houbo ocasións en que nos fixemos dano polas malas condicións do lugar e non fan nada para melloralo, pois polo que din non chega o presuposto, pero para outras actividades invirten unhas cantidades de diñeiro que non estan ben invertidas. Polo que eu penso que deberían de participar máis e de forma máis equitativa.

martes, 6 de octubre de 2020

     

Boas, 

Son Kiara Martínez, veño de A Coruña e teño 21 anos. Dende moi pequena o deporte estivo sempre presente na miña vida. Aos dous anos e medio, ao mesmo tempo que aprendía a camiñar, os meu pais puxeronme uns esquís nos pés, e agarrada a un bastón entre as súas pernas empezaba a manter o equilibrio. Un ano máis tarde probei uns patíns en línea, pero non tardei en pasarme aos de catro rodas nos cales estiven os siguientes 12 anos na modalidad de artístico. 

    Ao mesmo tempo que patinaba estiven tamen dende os 3 anos ata os 10 facedo natación; e dende os 6 ata os 12 nunha escola de judo. Aos 6 anos nunhas vacacións á neve xogando con un trineo dixen "quero facer snowboard" e uns meses máis tarde estaba coa miña pequena táboa baixando polas pistas de Manzaneda. 

    Aos nove anos no meu pobo estrenabase unha nova actividade de verán: piragüismo. Apunteime, e durante todo o mes de agosto iba dúas veces por semana ao río a divertirme. O profesor das clases era tamén entrenador do Club de Piragüismo de Dumbría, da modalidade pouco coñecida Slalom de Augas Bravas. Ao acabar este curso de verán propúxome ir ao club a probar as "augas bravas" e nin o dudei, e os seguintes 9 anos estiven competindo en esa modalidad por toda Galicia, España, Portugal e sur de Francia. En 2013 citaronme para unha concentración con unha compañeira de competicións de outro club que por ese entonces eramos moi amigas. Esa concentración eran unhas probas de selección para entrar no Centro Galego de Alto Rendemento  e Tecnificación Deportiva en Pontevedra. Tras un día enteiro de probas de varios tipos eu fun a seleccionada para ser becada os seguintes catro anos no CGTD. Pasei todo o curso 2013-2014 dedicando todo o meu tempo a entrenar e a estudar 3º da ESO. Co paso dos meses o meu nivel iba aumentando e nas competicións víanse os resultados. No verán de 2014 por un enfrontamento entre un dos membros da federación e o meu entrenador do club inxustamente retiranme a beca que me habían concedido. 

    Despóis de esta inxusticia eu volvín á miña casa en Coruña con unha sensación de vacío indescriptible. Acababan de roubarme o meu soño. 

    Un par de anos despois estaba facendo un ciclo medio de Industrias Alimentarias e dous compañeiros de clase facían skateboard. A min aquilo chamabame moito a atención e lembreime de que cando tiña uns seis ou sete anos regalaranme un skate pero nunca lle dera uso. Fun a casa dos meus avós e alí seguía. Leveino para a miña casa e pouco a pouco fun aprendendo a andar en el, estiven uns seis meses practicando hasta que lle dixen aos meus amigos de clase que estaba aprendendo. Eles motivaronme a seguir, e tres anos despois sigo coa miña táboa patinando por todas partes, aprendendo trucos novos cada día, viaxando co meu patín a cada sitio que vou. Para min o skate foi unha salvación. 

    De pequena quería ser bombeiro ou veterinaria pero co tempo descubrín que non sería capaz de operar a un animaliño. Dende o momento que descubrín que había estudos relacionados co deporte sabía que eso era o que quería estudiar sen ningún tipo de duda. E anos máis tarde por fin estou estudando aquelo que de pequena quería. 

La planificación: contenidos y actividades

 SKATEBOARDING OBJETIVOS GENERALES     El objetivo general es fluír en un skatepark. OBJETIVOS ESPECÍFICOS Los objetivos específicos son el ...